Lourdes López triunfa no Galego de Raid en Pol

Alicia Pérez foi a vencedora na carreira internacional
undefined
photo_camera Un participante, durante a xornada do sábado. XESÚS PONTE

Lourdes López Real foi a gran protagonista da xornada deste sábado ao levar a vitoria no campionato galego de Raid que tivo lugar na contorna do Club de Hípica Terras do Miño en Mosteiro Pol.

Lourdes López Real levou o triunfo na competición absoluta, por diante de Jairo Fonseca Vázquez e Paula López González. Todo nunha competición que se disputou baixo un formato de cen quilómetros de percorrido que se celebraron en catro fases, as dúas primeiras de 28 quilómetros e as dous seguintes que constaban de 22 quilómetros.

Ademais do Galego de Raid, tamén se celebrou de forma paralela unha proba internacional que coincidiu coa disputa do Galego en formato e horario. Aí, o triunfo correspondeulle a Alicia Pérez, que acabou por diante de Laia Vaque e Lourdes López, que completou así unha actuación realmente espectacular.

Na proba estaba inscritos uns 37 participantes e finalmente tomaron parte 35. A competición segue este domingo coa disputa de diferentes probas de velocidade controlada.

Os participantes terán que facer fronte a probas de diferente percorrido de 80, 60 e 40 quilómetros e hai que destacar que a inscrición chega ata os 39 participantes.

Comentarios