Localizan en Begonte 255 plantas de marihuana e deteñen a unha persoa

O home, de 39 anos, está acusado dun suposto delito contra a saúde pública
Plantas de marihuana incautadas en Begonte. GUARDIA CIVIL
photo_camera Plantas de marihuana incautadas en Begonte. GARDA CIVIL

A Garda Civil detivo no municipio lucense de Begonte a un home de 39 anos como suposto autor dun delito contra a saúde pública, por cultivo e tráfico de drogas, despois de localizar 255 plantas de marihuana.

Os feitos tiveron lugar nunha leira situada no termo municipal de Begonte, na que os axentes observaron varias plantas de marihuana distribuídas ao longo do terreo, así como varias plantas en macetas pequenas destinadas para o seu transplante.

Na edificación da leira, a Garda Civil observou así mesmo gran cantidade de plantas de marihuana colgadas do tellado e un tendal con varias ramificacións de plantas con cogollos colgados para o seu secado, ademais de gran cantidade de cogollos xa secos estendidos encima dunha mesa.

Tras inspeccionar o exterior da leira e o interior do alpendre, contabilízanse un total de 255 plantas de marihuana. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.