sábado. 12.06.2021 |
El tiempo
sábado. 12.06.2021
El tiempo

Localizada Paca, a cadela que desaparecera o sábado en Guitiriz

La perra Paca
A cadela Paca. EP

Paca, a cadela que desaparecera o pasado sábado en Guitiriz, xa está cos seus donos. O animal, que se perdeu na Ruta dos Sete Muíños, foi localizado por un veciño da zona da Moscosa este luns pola mañá.

Deuse a casualidade de que o granxeiro que a achou tiña o mesmo coche que un familiar dos donos da cadela e por iso Paca subiuse ao vehículo en canto o home abriu a porta.

Un amigo do veciño que deu coa cadela vira os carteis e así foi como se puxeron en contacto cos donos.

Localizada Paca, a cadela que desaparecera o sábado en Guitiriz
comentarios