domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Un lobo mata unha ovella a plena luz do día e preto das casas en Muimenta

La oveja muerta. EP
La oveja muerta. EP
"Ouvimos ladrar vos cans e cando miramos as ovellas estaban como agrupadas e vimos saír ou lobo correndo"

Un lobo matou onte unha ovella a plena luz do día e a poucos metros das casas no centro urbano de Muimenta, nas proximidades do recinto feiral Manuel Vila.

"Os animais empezaron con movemento, oímos ladrar os cans e cando miramos as ovellas estaban como agrupadas e vimos saír o lobo correndo", di un veciño de Muimenta, aínda con algo "de nervios" de ver ao animal salvaxe tan preto do seu domicilio familiar.

"Foi ás 15.30 horas, a plena luz e pegado ás casas", reitera, mentres explica que é a primeira vez que sofren un suceso así cos seus animais.

VER MÁS 🎠🐺 As penas por cazar lobos poderán chegar os dous millóns ou aos dous anos de cárcere

Tras o ataque, os propietarios das ovellas puxéronse en contacto co veterinario, que confirmou que o lobo cortoulle pola xugular e o esófago ao animal, e deron parte ao Seprona.

Os seus animais están soltos normalmente durante o día, pero sempre os gardan para pasar a noite, a partir das 18.00 horas, aínda que parece que esa medida xa non é suficiente. Este xoves houbo outro ataque no Pacio, tamén en Muimenta.

Un lobo mata unha ovella a plena luz do día e preto das casas en...
comentarios