Lecer para todos en Terra Chá

Montse Fraga e José Spinola puxeron en marcha este verán a firma de multiaventura Campamento Celta â?? Ofrecen paseos en canoa, tiro con arco, fútbol burbulla ou paintball nunhas instalacións situadas na súa casa na parroquia de Xermar, en Cospeito 
undefined
photo_camera Montse Fraga e José Spinola, nas súas instalacións en Xermar. M.M

Noutro verán atípico onde a maioría das familias trata de buscar plans vacacionais alternativos á porta de casa e, a poder ser, ao aire libre, nace unha nova empresa de multiaventura que ofrece lecer para todos os públicos en Terra Chá.

Detrás de Campamento Celta, que deu os seus primeiros pasos no 2020 pero pospuxo o inicio da súa actividade a este verán en busca dunha mellor situación sanitaria, están Montse Fraga e José Spinola, un matrimonio asentado desde fai algo máis dunha década na parroquia de Xermar, en Cospeito, que atopou neste sector unha alternativa a outro dos seus negocios.

"Temos invernadoiros na zona de Santa Cristina dende hai unha década. Dedicámonos sobre todo á flor ornamental e ás plantas. Son traballos moi estacionais, e dende xuño ata outubro tingamos moitos tempos mortos que necesitabamos cubrir", explica Montse, que recorda que en 2020 decidiron "comprar de segunda man ou material que tingan uns amigos que contaban cunha empresa de multiaventura en Baamonde" e iniciar os trámites para desenvolver a súa.

Aínda que están a dar aínda os primeiros pasos, este verán tiveron xa unha gran actividade. "Polo está a funcionar ben, xa tivemos varios grupos e familias. Ademais organizamos xunto con Vingolea actividades para vos rapaces dous campamentos de Pol e de Meira", explican Montse e José, que agradecen o apoio do Concello de Castro de Rei, co que asinaron un convenio de colaboración, así como doutras entidades coas que chegaron a acordos para crear packs de entretemento na comarca.

Colaboraron xa con campamentos e chegaron a acordos con entidades para ofrecer packs de actividades 

"Falamos co Spa Attica 21 de Vilalba e tamén estamos en contacto con outros establecementos da zona para que a xente que veña poida ter diferentes actividades e tamén alternativas para comer ou durmir", indican.

En canto ao programa de actividades que se pode contratar, as opcións tamén son diversas. "Temos tres campos de paintball, un para maiores e outro para nenos, onde se pode facer paintball ou archery attack, que é unha modalidade nova con arco e frechas. Temos outra zona para actividades de tiro con arco ou fútbol burbulla", explica José Spinola, avanzando que para asucar as augas en canoa tamén hai dúas opcións diferentes.

"Para nenos máis pequenos temos a posibilidade do río Azúmara, na área recreativa de Castro de Rei, e para os que queren navegar longas distancias, facémolo en Triabá", indican os propietarios do Campamento Celta, que tamén ofrecen "un picoteo" logo da actividade se o requiren os clientes.

"Queremos ofrecer un servizo o máis amplo posible, non só no noso propio beneficio, senón tamén para outras empresas, negocios ou casas de turismo rural que estean asentadas pola zona", explica Spinola, consciente de que é un sector en alza nestes tempos de covid-19.

"A xente cada vez busca un turismo máis próximo e sobre todo que ofreza actividades ao aire libre", confirma Montse, que espera que o seu Campamento Celta siga crecendo e enchéndose de veciños, visitantes e curiosos que aterran na comarca de Terra Chá buscando diversión.

Comentarios