O lago albergou a vixésima Regata Vila de As Pontes de vela

Os participantes tiveron que facer fronte a rachas de vento de máis de vinte nós durante as tres xornadas de competición
Un instante de la regata. EP
photo_camera Un instante de la regata. EP

O Club de Vela Fluvial As Pontes organizou a vixésima edición da Regata Vila de As Pontes, de carácter clasificatorio para o ranking galego, e que se disputou no lago pontés os pasado 31 de agosto e 1 de setembro.

Participaron representantes do Club Náutico Ría de Ares, Real Club Náutico de Vigo, Club Náutico de León, Sección de Vela do Grupo Bazán Ferrol e do club de vela organizador.

Estaba prevista a disputa de 6 mangas, 3 para o sábado e outras 3 para o domingo, pero finalmente decidiuse que se disputasen solo dúas posto que a excesiva intensidade do vento reinante o domingo obrigou a suspender a regata ó finalizar a primeira manga.

Na xornada de sábado, cunhas condicións extraordinarias de vento e temperatura, deuse unha competición vibrante e moi igualada. 

Na primeira manga Paula e Paloma González impoñíanse con moita autoridade sobre todos os seus rivais. Tras unha volcada da parella formada por David García e María Lefler, final apretado entre o Castilla León es Vida de Pablo e Isabel Cabello e o Vifrauto Iveco de Javi Martínez e Nano Torres, que se resolvía a favor dos primeiros.

Na segunda manga o Castilla León es Vida parecía entonarse e colocábase na cabeza da regata, posto que conservaría ata o final, por diante das irmáns Paula e Paloma González David García e María Lefler que eran terceiros. Sensacionales estiveron tamén nesta manga as pontesas Ana Torres e Carla Pérez que co seu Concello de As Pontes cruzaban a línea na cuarta posición a pesar da rotura da base de apoio do seu mástil.

Na terceira e última manga do sábado novo duelo entre Pablo e Isabel Cabello con Paula e Paloma González, guerra de viradas final e victoria axustadísima para o Castilla León es Vida dos Cabello.

Con todo por decidir as diferencias eran dun punto entre os primeiros clasificados, Pablo e Isabel Cabello,  e os segundos clasificados, Paula e Paloma González, e de catro puntos entre o terceiro e o quinto.

A xornada do domingo amenceu nubrado e con vento forte, a regata prometía, e tocaba colgar a tope e volcar. Moi cedo as irmáns González, posiblemente as máis fortes con esas condicións, terían unha avería que finalmente resultou determinante na clasificación xeral, e a duras penas deron acabado a manga en terceira posición. Por diante delas fenomenal traballo de David García e María Lefler que lograron o primeiro posto por diante do Castilla León es Vida de Pablo e Isabel Cabello.

Sensacionales estiveron tamén as xovencísimas Alba Díaz e Carmela Docampo que finalizaron en cuarta posición tras unha planeadas brutales.

A partir desta manga a xornada complicouse cada vez máis. Con rachas por enriba dos vinte nós e a navegación no lago pasou de espectacular a casi imprudente, así que o comité de regatas decidiu conservar a flota e dar por concluida esta XX Regata Vila de As Pontes.

Finalmente os vigueses Pablo e Isabel Cabello deron mantido esa vantaxe dun punto sobre as súas compañeiras de equipo as irmás Paula e Paloma González, proclamándose campeóns absolutos desta XX Regata Vila de As Pontes.

En segunda posición mantiveron tamén o seu posto  Paula e Paloma González, e a terceira posición foi para o asturiano do CN León e a pontesa María Lefler.

Na categoría feminina, Paula e Paloma Gonzalez subiron ó máis alto do podio e as súas compañeiras Ana Torres e Carla Pérez finalizaron terceiras.

Por último na categoría xuvenil repetiron primeiro posto as viguesas Paula e Paloma González, sendo segundos os ponteses Javi Martínez e Nano Torres, coas súas compañeiras de club Alba Díaz e Carmela Docampo na terceira posición.

comentarios