Lactalis aposta polas enerxías renovables en todas as súas plantas

O 50% da electricidade que se consome en Vilalba e Nadela é de fontes limpas
Paneles solares. LACTALIS
photo_camera Paneis solares. LACTALIS

O Grupo Lactalis, nunha aposta polas enerxías renovables, xa cobre o 50% da electricidade que consomen as súas plantas con fontes limpas.

"Lactalis traballa constantemente para diminuír o impacto da súa actividade no medio ambiente e proba diso é que, desde o 1 de xaneiro deste ano, o 50% da electricidade que se utiliza en todas as instalacións do grupo, entre as que atópanse as plantas de Nadela e Vilalba, xa é de orixe renovable", explican desde o grupo, á vez que indican que esta medida se debe a un acordo asinado con Engie España que terá unha vixencia de nove anos, cunha subministración de 70 GW/h de electricidade ao ano.

"As fábricas reducirán un 10% as súas emisións de CO2, aforrando a emisión á atmosfera de 26.950 toneladas de CO2 anuais. Esta cantidade equivale a retirar máis de 11.000 vehículos da circulación durante un ano", din desde Lactalis, e indican que as plantas de Vilalba e Nadela "fixeron grandes esforzos nos últimos anos para reducir o seu impacto ambiental e xa deran pasos importantes nese sentido antes". Así, en 2019 conseguiron reducir máis dun 6% as emisións de CO2 á atmosfera.

"O compromiso ambiental é un dos principais alicerces de Grupo Lactalis, que segue avanzando para pór en marcha iniciativas respectuosas co medio ambiente e contribuír á economía circular", din, e falan doutras actuacións como a redución do consumo de auga, a xestión de residuos e a sustentabilidade dos envases.

Comentarios