Juan José Vázquez Carreira será o próximo presidente do Rácing Vilalbés. O conxunto chairego anunciou este luns que Carreira, socio número 81 da entidade, presidirá o club a partir do próximo 30 de xuño.
A actual directiva do equipo vilalbés, encabezada por Francisco Ruiz, anunciara esta tempada a súa dimisión "irrevogable". Durante varias semanas estivo encima de nbsp;a&mesa a posibilidade de que o club se disolvese se ninguén collía as rendas, aínda que finalmente o Rácing seguirá vivo con Juan José Vázquez Carreira á fronte.
Carreira será presidente, se non ocorre nada anómalo, as próximas catro tempadas.
❤💚 PRESIDENTE ❤💚
— Racing Club Villalbés (@racingvillalbes) June 7, 2021
Juan José Vázquez Carreira, socio n° 81, será o presidente do clube, a partir do 30 de Xuño, durante as próximas 4 tempadas
Noraboa Juan, e moita sorte pic.twitter.com/Mq0Cgtn2zS