José Luís Castro debuta en política como cabeza de lista do PSOE de Castro de Rei

José Luis Castro Tellado. EP
photo_camera José Luis Castro Tellado. EP

O PSOE de Castro de Rei concorrerá ás eleccións municipais do próximo 26 de maio cunha renovada lista á fronte da que se sitúa unha cara nova no PSOE e en política, José Luís Castro Tellado, veciño de Castro de Rei, traballador dunha empresa e expresidente da asociación Amigos da Feira.

O candidato aceptou a proposta do partido para liderar "un bo equipo, con caras novas, ganas e entusiasmo, que quere gañar e gobernar, porque o Concello de Castro de Rei precisa un cambio, está practicamente paralizado, ten que volver un goberno socialista", apunta Castro.

Entre os obxectivos que se marca a novo cabeza de lista, que substitúe a Marisa Rodríguez, actual portavoz e que decidiu non continuar, figura "lograr levantar, dunha vez por todas, a vila de Castro de Rei, porque ten moitos recursos para ir para adiante", asegura.

Castro Tellado aposta tamén por culminar un antigo proxecto do PSOE, "acabar de poñer a traída nas catro parroquias, que falta dende que estivo o goberno socialista e así segue". Ademais, outro dos seus principais propósitos é poder levar a cabo a construción de vivendas sociais en Castro de Ribeiras de Lea.

Comentarios