Investigan a un guitiricense por simular o roubo dunha furgoneta implicada nun accidente

O home denunciou o roubo o pasado mes de febreiro, data na que se produciu o sinistro

A Garda Civil ha imputado en calidade de investigado a un veciño de Guitiriz, un home de 45 anos, como suposto autor da simulación dun delito, dado que os axentes encargados do caso consideran que finxiu o roubo dunha furgoneta, propiedade dun familiar, que se viu implicada nun accidente de tráfico.

Os feitos investigados ocorreron o pasado 9 de febreiro, cando o imputado presentou denuncia ante a Garda Civil porque non atopara a citada furgoneta no lugar no que a deixou estacionada, na localidade de Guitiriz.

Iniciada a investigación, os axentes encargados do caso comprobaron que a furgoneta se viu implicada ese mesmo día nun accidente de circulación con terceiros, pero todos os ocupantes da mesma déronse á fuga despois do sinistro.

Froito desas pescudas, os axentes imputaron ao denunciante pola suposta simulación dun delito e denuncia falsa.

O imputado foi posto a disposición do Xulgado de Vilalba.