A industria aeronáutica galega recupérase tras perder 40% de facturación

O polo aeroespacial de Rozas destaca polo seu potencial, especialmente  en materia de non tripulados
Prototipo de avión no tripulado en Rozas. EP
photo_camera Prototipo de avión no tripulado en Rozas. EP

O presidente do Consorcio Aeronáutico de Galicia, Enrique Mallón, falou este luns en Lugo dun escenario no que este sector aínda se está recuperando da grave crise que padeceu o pasado ano como consecuencia da pandemia, que supuxo un recorte na facturación das empresas próximo ao 40%.

Así o puxo de manifesto na xornada Aposta polo sector aeronáutico e aeroespacial, que se ha strong>desenvolvido en Lugo en formato híbrido, impulsada polo Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia, APD e o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG).

Sobre os efectos da crise sanitaria global incidiu Enrique Mallón na súa intervención nesta xornada, porque supuxo unha perda do 40% da facturación en 2020 respecto ao exercicio previo á pandemia.

“Fomos, sen dúbida, o sector máis afectado pola pandemia, pero mantivemos o emprego, apostando por reter o talento agora que chega a recuperación, para contar cos recursos necesarios para ser competitivos”, indicou Mallón.

Rozas foi sinalado como “referente industrial e tecnolóxico centrado en vehículos non tripulados”

Así mesmo, destacou o potencial do polo aeroespacial de Rozas, especialmente en materia de non tripulados, “un sector cun forte crecemento internacional no que debemos seguir consolidándonos”.

Recordou, en todo caso, que “debemos ir máis aló, en aviación comercial e de defensa, cos fondos Next Generation como oportunidade”.

Pola súa banda, o director do Área de Competitividade do Igape, Norberto Penedo, quen tamén puxo a Rozas como “referente industrial e tecnolóxico centrado en vehículos non tripulados”, tamén insistiu na necesidade de relanzar “a industria aeroespacial máis tradicional, que foi a gran afectada pola pandemia”, nun contexto mundial cheo de incerteza pola crise enerxética e de subministracións. 

Comentarios