Extinguido o lume de Vilalba tras arrasar case 36 hectáreas

El incendio se declaró a las 10.00 horas en la parroquia de Vilapedre 

O incendio forestal rexistrado este martes no municipio de Vilalba quedou extinguido ás 00.11 horas deste mércores. Segundo as estimacións provisionais, a superficie calcinada é de 35,91 hectáreas de monte raso.

O lume iniciouse sobre as 10.06 horas na parroquia de Vilapedre e deuse por controlado ás 21.23 horas deste martes. Na súa extinción participaron un técnico, catro axentes, dez brigadas, oito motobombas e unha pa. 

VILARDEVÓS. Por outra parte, o incendio forestal iniciado na parroquia de Terroso, no municipio ourensán de Vilardevós, extinguiu ás 20.27 horas deste mércores tras queimar 45,6 hectáreas de monte raso. 

Comentarios