Investigado un veciño de Abadín por realizar ameazas nun grupo de WhatsApp

Unha muller denunciou a súa actuación ante a Policía
WhatsApp. EP
photo_camera WhatsApp. EP

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo investigaron como suposto autor dun delito de ameazas un home de mediana idade do municipio de Abadín.

Unha muller denunciou este xoves nas dependencias da Policía Nacional que sufriu ameazas e insultos nun grupo de WhatsApp por parte un dos participantes no mesmo. Acto seguido, tras unha ciberpatrullaxe e unha procura en bases de datos policiais, os axentes localizaron e identificaron o titular da liña telefónica, quen realizara as ameazas, insultos e inxurias no grupo.

O home foi imputado por un delito de ameazas, o que se puxo en coñecemento do xulgado de garda.