Iescha, Xerais e o Concello vilalbés convocan o III Premio Agustín Fernández Paz

O prazo para entregar os orixinais prolongarase ata o 12 de xullo

Libros a esgalla de Fernández Paz. S.I.
photo_camera Libros a esgalla de Fernández Paz. S.I.

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), Edicións Xerais e o Concello de Vilalba abren este martes a convocatoria para participar na terceira edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.

Todos aqueles que desexen concorrer a este certame, que estará dotado cun premio único de 3.000 euros, poderán facelo presentando narracións inéditas en lingua galega, dirixidas a un público infantil e xuvenil, e cuxa temática deberá estar relacionada co compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade...

O prazo para remitir os orixinais, que deberán enviarse encadernados e baixo o sistema de plica ao local do Iescha, situado na Praza Suso Gayoso, 1, 27.800 (Vilalba), prolongarase ata o 12 de xullo, coincidindo co terceiro aniversario do falecemento do escritor vilalbés.

A entrega do premio terá lugar nun acto público na capital chairega cuxa data está aínda por determinar. O que si concretan desde a organización é que a obra galardoada será publicada por Edicións Xerais.

Comentarios