sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Homenaxe pola súa xubilación a Herminia, conserxe do Ceip Lagostelle

Asistentes á comida de xubilación de Herminia. C.PÉREZ
Asistentes á comida de xubilación de Herminia. C.PÉREZ
O restaurante La Casilla acolleu a celebración dunha comida de confraternidade con familiares, compañeiros e excompañeiros para agradecer os seus máis de 40 anos de servizo. O alumnado tamén lle rendeu tributo no centro con agasallos e poemas

Para quen estudou no centro nas últimas catro décadas, o Ceip Lagostelle de Guitiriz xa non será o mesmo. Chegar e que na conserxería non estea Herminia farase raro, pero tras 41 anos de servizo cumpridos o pasado 1 de setembro, chegoulle a hora de gozar da merecida xubilación.

Curso tras curso, dende pouco despois da apertura do grupo escolar guitiricense, Herminia Paz Castro non só traballaba no centro, senón que durante moitos anos ata vivía na antiga casa do conserxe, que hoxe convertida en PAI. 

Os mestres e os alumnos ían e viñan, pero Herminia permanecía. E nas vacacións tocáballe completar as xornadas laborais no centro de saúde de Parga ou nas oficinas municipais. Sempre unha cara e unha palabra amable para os veciños.

O último día de clase antes das agardadas vacacións de Nadal, foi a súa última xornada no centro. E nela recibiu o cariño do alumnado actual. Os escolares obsequiárona cun libro feito por eles con debuxos e dedicatorias e recitáronlle varios poemas. A anpa do Lagostelle tamén se sumou á homenaxe cun detalle en recoñecemento ao seu labor.

E ao día seguinte tocou xornada de homenaxe e despedida no restaurante La Casilla. Nin a cicloxénese explosiva Fabien puido impedir que máis de 60 persoas da comunidade educativa do centro, presente e pasada, xunto coa súa familia, compartisen unha xornada de confraternidade na que non faltaron os agasallos para Herminia: un ramo de flores, un anel, un álbum de fotos, un vídeo conmemorativo e, sobre todo, moito cariño.

O 8 de xaneiro toca volver ao centro, e haberá unha cara nova na conserxería. Botarásete de menos, Herminia.

Homenaxe pola súa xubilación a Herminia, conserxe do Ceip Lagostelle
Comentarios