Un home resulta ferido ao saírse da vía co seu coche en Muimenta

Era o único ocupante do vehículo que conducía e foi trasladado ao Hula
Vehículo accidentado en Muimenta
photo_camera Vehículo accidentado en Muimenta. EP

Un home de 43 anos resultou ferido leve ao saírse da vía o coche que conducía, á altura do campo de fútbol de Muimenta.

O accidente produciuse, concretamente, no quilómetro 10,500 da estrada LU-P-4401, no termo municipal de Cospeito, ás 7.30 horas deste mércores.

O condutor era o único ocupante do vehículo e resultou ferido leve. Foi trasladado nunha ambulancia do 061 ata Hula.
 

Comentarios