Un home perdeu a vida ao envorcar o tractor que manexaba nunha leira en Guitiriz

Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do home
El tractor que manejaba la víctima. BOMBEIROS DE VILALBA
photo_camera El tractor que manejaba la víctima. BOMBEIROS DE VILALBA

Un home faleceu este luns tras quedar atrapado debaixo dun tractor cando traballaba nunha leira situada no lugar da Vacariza, na parroquia guitiricense das Negradas.

Un familiar alertou ao 112 Galicia, que informou á súa vez a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vilalba, GES de Friol-Pas, Garda Civil e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Guitiriz.

Unha vez no punto, os servizos de urxencias traballaron para liberar o corpo da persoa, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.