Trasladado un home logo de recibir a coz dunha vaca en Ribeira de Piquín

Un particular alertou da situación
Vacas en un campo. EFE
photo_camera Vacas nun campo. EFE

Un home necesitou ser trasladado, esta mañá, tras recibir a coz dunha vaca, no concello lucense de strong <>Ribeira de Piquín.

O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos mediante a chamada dun particular, a poucos minutos das 10.00 horas. Na comunicación, a persoa solicitaba asistencia médica para un home que acababa de resultar ferido o golpe do animal, no lugar de nbsp;Barangón,&na parroquia de Santalla.

Desta forma, os operadores do CIAE-112 Galicia informaron aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.

Finalmente, a Garda Civil indicoulle ao 112 Galicia que o home foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti, de Lugo.