jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Guitiriz estrea un Festival de Poesía que pretende converterse en referente

2021061313072038353
Lectura del pregón. C.A.
Alfonso Blanco foi o encargado de ler o pregón que incidiu no "alento de Díaz Castro"

"Estamos a vivir unha revolución poética en Guitiriz grazas ao alento de Xosé María Díaz Castro, que nos impactou con aquel berro: 'A beleza feriume para sempre'. E hoxe estades a encher os parques, as chabolas, os camiños, as rúas... coas cores e o sabor da vosa poesía, arrincándoas de despachos e obradoiros pechados dos teóricos e dos estudosos para convertela en saúde, nunha terapia que nos axuda a liberarnos da pandemia a nós e a nosa contorna", expresou o coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, no pregón que abriu de forma oficial o primeiro Festival de Poesía Guitirica, unha cita que nace coa intención de quedarse e transformarse en referente.

E é que o festival, organizado por Nova Poesía Guitirica (NPG) e o Concello, en colaboración con outras entidades como Xermolos, a Escola de Música ou o IES Díaz Castro, enchou de versos o Campo da Feira e moitos recunchos -máis dunha vintena de persoas apuntáronse para os roteiros poéticos que se organizan entre onte e hoxe-.

2021061313072075887O festival arrancou pola mañá con letras, coa presentación da revista NPG Gazeta e do libro 'Poema da Rúa das Aves', de Miguel Barrera, e música, coas actuacións do grupo de rock e do grupo de gaitas da escola municipal. E cun sol que non quixo perder a festa.

"Estamos contentos de poder compartir despois desta tempada tan triste e ver que podemos volver a desfrutar da música, da cultura, da poesía...", expresou a rexedora de Guitiriz, Marisol Morandeira, que se mostrou «encantada de poñer en valor o patrimonio cultural que ten o concello», ao tempo que augurou un gran futuro para esta cita. "É un festival que vai ter boa acollida e seguiremos intentando mantelo para edicións sucesivas", asegurou.

As actividades continuaron pola tarde cunha palestra sobre Carvalho Calero, as presentacións dos libros 'Abril', de Luz Darriba, e 'Abecedario do país das albarizas', de Xulio Pardo de Neyra, un recital poético-musical de Paco Rivas e Tono e o concerto dos vilalbeses Corredores de Sombra.

Este domingo continuará xa pola mañá, ás 10.30 horas, co roteiro Díaz Castro, guiado por alumnos do instituto. Ás 12.00 horas está programada a presentación do libro 'Lareira de soños', de Pas Veres, e despois haberá unha palestra sobre Xela Arias e a actuación da Uned Sénior da Coruña.

Pola tarde, Ana Barral presentará 'Versos do desasosego'; Teresa Ríos, "Non estamos preparados para medrar", e Hortensia Bautista, 'Bambán do vento'. É ás 19.00 horas a entrega de premios das Vilariñas e o Díaz Castro de poesía.

"O que pretendemos é instituír este festival no tempo como un dos poucos festivais de poesía que hai en Galicia. Un festival da Terra Chá e da provincia de Lugo que sexa un referente", concluíu Antón Tenreiro, de NPG.

Guitiriz estrea un Festival de Poesía que pretende converterse en...
comentarios