Ferido grave un condutor nunha saída de vía en Guitiriz

Foi necesaria a intervención dos bombeiros do parque de Vilalba para excarcerar ao condutor
O vehículo accidentado. C.PÉREZ
photo_camera O vehículo accidentado. C.PÉREZ

Un home de 53 anos de idade, veciño de Lugo e con iniciais C.M.H.P., resultou este xoves ferido nunha saída de vía rexistrada na A-6, ao seu paso por Guitiriz, minutos logo das oito da tarde.

O condutor e único ocupante do vehículo non puido saír deste polos seus propios medios, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros do parque comarcal de Vilalba, que tiveron que excarceralo. Aínda que estivo consciente en todo momento, o home sufriu feridas de diversa consideración, polo que foi evacuado ao hospital Lucus Augusti nunha ambulancia do 061.

O vehículo saíuse da calzada pola marxe dereita cando circulaba en sentido Madrid, á altura do punto quilométrico 535,3 e tras desprazarse preto de 50 metros, foi parar ao terreo localizado entre a autovía e a saída de Guitiriz. Ata o lugar desprazáronse tamén axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de Conservación de Estradas, así como traballadores municipais, por se era necesaria a súa axuda, tras recibir o aviso do 112, ao que alertou do sucedido un condutor que circulaba pola autovía e viu o accidente.