González Formoso avoga por unha "segunda revolución" nas Pontes

O socialista inicia o seu cuarto mandato como alcalde no municipio

Corporación de As Pontes. EP
photo_camera Corporación das Pontes. EP

O socialista Valentín González Formoso foi investido este sábado como alcalde do municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez con maioría absoluta e inicia o seu cuarto mandato consecutivo.

O pasado 26 de maio, o PSdeG obtivo 12 dos 17 escanos en xogo neste concello, unha ampla maioría absoluta. O BNG logrou tres, o PP un e Xuntos polas Pontes o restante. Só este último partido presentou un candidato á alcaldía no pleno constitutivo e votouse a si mesmo.

Deste xeito, o Partido Socialista non necesitou dos apoios de ningunha outra formación para encadear o seu cuarto mandato consecutivo neste concello.

No seu discurso, xa como alcalde das Pontes, González Formoso expresou o seu "afán de superación e esforzo para procurar a excelencia" no municipio. E ademais, apostou por impulsar "unha segunda revolución, na que o desenvolvemento económico", coa "creación de emprego en todos os sectores" como base.

Comentarios