A Garda Civil localiza unha centenaria que se escapou do xeriátrico de Castro de Rei

Apareceu "algo desorientada" nunha zona de matogueira a menos dun quilómetro das instalacións

Residencia de Castro de Rei. EP
photo_camera Residencia de Castro de Rei. EP

Unha muller centenaria, que se escapou do xeriátrico de Castro de Rei no que reside, foi localizada este luns, ás poucas horas de darse o aviso, pola Garda Civil. Tras a chamada de alerta desde o centro de maiores ante a ausencia da muller, á que non daban atopado polos arredores, unha patrulla da Benemérita iniciou unha procura e localizou á anciá dúas horas despois "en bo estado", explican fontes próximas.

A muller, que se foi soa e camiñando, apareceu "algo desorientada", nunha zona de matogueira pero cerca, a menos dun quilómetro das instalacións, que están anexas ao colexio Ramón Falcón e a só uns poucos metros do propio cuartel da Garda Civil de Castro de Rei.

A pesar da alarma xerada inicialmente, todo quedou un susto e a centenaria, á que levaron no coche patrulla de regreso ao centro, foi atendida polo propio persoal do xeriátrico. 

Comentarios