A Garda Civil investiga o roubo dun coche e o intento doutro en Vilalba

A mediados del pasado mes de enero fue sustraído otro vehículo en la capital chairega
Manilla forzada.EP
photo_camera Manilla forzada. EP

A Garda Civil investiga o roubo dun coche e o intento de roubo doutro sucedidos no centro urbano da capital chairega este fin de semana.

O propietario do vehículo que foi forzado, un Audi A6, deixou o coche aparcado na rúa Pepe Apenela o venres e o domingo, cando foi a buscalo, atopouse a manilla da porta desfeita, tras o que interpuxo unha denuncia na Garda Civil de Vilalba.

O mesmo fin de semana, probablemente tras non lograr acceder ao interior deste vehículo, roubaron outro na rúa Xermade, neste caso un Seat León.

Estes feitos suceden despois de que a medidados do pasado mes de xaneiro fose roubado outro vehículo na capital chairega, concretamente nun taller situado na estrada de Lugo, que foi usado para furtar 200 euros nunha gasolineira de Begonte.

Os mesmos cacos, nesa ocasión, fixéronse con outro vehículo nas inmediacións o xeriátrico de strong <>Outeiro de Rei, que días despois a Garda Civil localizou na Lagoa de Caque, en strong <>Castro de Rei. Non se descarta que ambos os sucesos estean relacionados.