A Garda Civil desarticula un grupo criminal en Bilbao que estafou a unha pontesa

Adquirían material tecnolóxico de xeito fraudulento. Hai dous detidos e outras dúas persoas están investigadas.

Móviles recuperados en la operación. EP
photo_camera Móbiles recuperados na operación. EP

Un equipo da Garda Civil de Bizkaia logrou desarticular un grupo criminal en Bilbao que se dedicaba a estafar a nivel nacional a través de internet adquirindo de xeito fraudulento produtos tecnolóxicos de alta gama. Unha das vítimas é unha veciña das Pontes

No marco da operación, que recibe o nome de Sarea Phone, foron detidas dúas persoas e hai outras dúas que están a ser investigadas. Atribúenselles delitos de estafa, receptación e pertenza a grupo criminal. 

A investigación iniciouse o pasado mes de xullo, por mor de recibir en distintos postos da Garda Civil repartidos por toda a xeografía española —ademais do caso da veciña das Pontes, habería afectados nas provincias de Albacete, Alacante, Barcelona, Burgos, Granada, Valencia, Madrid e Murcia— unha serie de denuncias que seguían un mesmo patrón. 

As denuncias presentadas en distintos puntos de España alertaron á Garda Civil

Todas levaban os axentes ata tres domicilios de Bilbao, que se utilizaban como direccións de recollida de produtos tecnolóxicos de alta gama —smartsphone de última xeración e consolas de videoxogos— que serían adquiridos fraudulentamente por internet. 

O modus operanti utilizado por esta organización consistía en poñerse en contacto cos estafados a través de webs de compra venda de artigos, interesándose polo produto que ofertaban, ata chegar a un acordo. 

Despois, enviaban un email ao vendedor simulando a páxina de pagos oficial desta web, dando garantía de que o abono se realizou. E para ser máis cribles, no correo incluían tamén un anagrama falso da Garda Civil, "simulando que a transacción estaba a ser fiscalizada" e para dar "máis verosimilitud á carta de pago", explican desde o Instituto armado. 

Os axentes recuperaron a maior parte dos produtos

Aínda por riba, na páxina de pagos, os estafadores simulaban un abono superior ao prezo acordado, polo que solicitaban ás vítimas unha transferencia coa "diferenza supostamente ingresada a maiores", indican desde a Garda Civil, confirmando que os vendedores ao crer que recibiran o pago, enviaban os produtos a través de empresas de paquetería a algunha das tres direccións que o grupo criminal facilitaba. 

"Os paquetes eran recollidos por diferentes persoas, que llo entregaban ao presunto xefe da organización", indican desde a benemérita, afondando en que esta persoa era a que se encargaba de revender os produtos en tendas dedicadas á compravenda de segunda man en Bilbao, e así obtiña inmediatamente liquidez. 

Logo da complexa investigación, a Garda Civil de Bizkaia non só desarticulou o grupo criminal, senón que tamén conseguiu recuperar a maioría dos produtos tenológicos obtidos ilicitamente.