Formoso nega o peche de Endesa nas Pontes e afea ao secretario de Enerxía a "falta de prudencia"

O alcalde e líder do PSdeG na Coruña asegura que o ministerio "desmente absolutamente" a clausura da central

Valentín González Formoso. CRISTINA ARIAS
photo_camera Valentín González Formoso. CRISTINA ARIAS

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, descartou este venres o peche da central térmica de Endesa na localidade tras as declaracións do secretario de Estado de Enerxía, José Domínguez, sobre a súa posible clausura antes do ano 2030 e afeou ao representante estatal a súa falta de prudencia "".

En declaracións aos medios, afirmou que as súas palabras "collen por sorpresa á propia ministra" de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. "O ministerio desmente absolutamente esa posibilidade", sinalou.

Se a Unión Europea asina protocolos que nos levan a 2050 non imos aceptar ir por diante dese órgano

O rexedor, que tamén é presidente da Deputación da Coruña e máximo responsable do PSOE na provincia, considerou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "dixo aquí hai poucos meses, e nas Pontes hai un ano", que as instalacións seguirían activas ao cumprir coa normativa europea de emisións contaminantes. Deste xeito, valorou que se referendaba que "as que cumpran pervivirán mentres cumpran".

Formoso estimou que os "protocolos de cambio climático lévannos a 2050", polo que se mostrou "francamente tranquilo". "Indigna ver que un responsable político non ten prudencia", espetou, para indicar que en relación a unha "comarca como a de Ferrol esperas que teña unha prudencia mínima que parece que non tivo".

Respecto diso, matizou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prevé reunirse con Ribeira e concretou que se "a Unión Europea asina protocolos que nos levan a 2050 non imos aceptar ir por diante dese" órgano.

Comentarios