Formoso destaca o compromiso da ministra Ribera "de buscar alternativas" á térmica

O rexedor pontés sinala que a involucración da máxima responsable do Goberno en Transición ecolóxica mediranse na "confianza ou desconfianza dos cidadáns"
Valentín González Formoso. AEP
photo_camera Valentín González Formoso. AEP

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso (PSOE) valorou como "positivas" as declaracións da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, posto que "confirma que se están buscando alternativas de funcionamento" á central térmica. "Hai unha aposta por utilizar outros biocombustibles, sen excluír ao carbón de forma inmediata", insistiu.

Ditas manifestacións realizounas nunha visita realizada no mediodía deste luns á empresa Arteixo Telecom, nas Pontes e onde estivo acompañado polo presidente de Renfe, Isaías Táboas e polo secretario de Estado de Industria, Raúl Blanco.

Formoso sinalou que, "calquera caso, non se vai a parecer á central que vimos coñecendo nas últimas décadas". "é evidente, cando funcionaba a pleno rendemento con carbón, os seus catro grupos e durante 8.000 horas ao ano, algo que non vai ser así polo prezo da tonelada de CO 2".

O tamén presidente da Deputación da Coruña destacou que o seguinte paso será "ver as conclusións das probas que se están realizando", en alusión á utilización de carbón e biomasa como combustible.

"En calquera caso o saber que a máxima responsable do Estado en transición ecolóxica recoñece que se están buscando alternativas na central, dános unha esperanza que non debemos de perder", destacou, posto que "ese compromiso é o que vai medir a confianza ou a desconfianza dos cidadáns". 

"Hai que buscar ata o último momento, pelexar e pór todas as opcións encima da mesa e comprometerse con buscar unha viabilidade alternativa a este central e que é o que esixe como mínimo os cidadáns".

FIBRA FORESTAL

En canto ás instalacións de Arteixo Telecom, González Formoso destacou que se trata "unha empresa punteira", que trata servizos tecnolóxicos a empresas vinculadas a Renfe, e na que teñen "moita esperanza nun país que necesita reforzar a súa aposta tecnolóxica".

Pola súa banda, o secretario de Estado de Industria, Raúl Blanco, asegurou que seguen traballando co alcalde "polo futuro industrial das Pontes" e que no ámbito do futuro da fibra forestal xa iniciaron "un grupo de traballo o mes pasado" e seguen "adiante para atraer investimento e futuros proxectos industriais a este municipio". 

Comentarios