Formación para saber reaccionar

O Concello de Abadín impulsa tres cursos de primeiros auxilios impartidos por Camilo Vázquez

Curso de primeiros auxilios en Moncelos. C.PÉREZ
photo_camera Curso de primeiros auxilios en Moncelos. C.PÉREZ

O Concello de Abadín quere que os seus veciños estean o máis preparados posible no caso de producirse unha emerxencia sanitaria e por iso impulsa, entre outras futuras iniciativas, tres cursos formativos gratuítos sobre primeiros auxilios, abertos á participación de calquera veciño interesado e impartidos por Camilo Vázquez, instrutor de Emergal Ensino.

O primeiro deles tivo lugares esta fin de semana no antigo colexio de Moncelos, onde está previsto repetir experiencia despois do verán, dado o interese que espertou a convocatoria. A esta xornada inaugural, que contou con formación tanto teórica coma práctica, asistiron preto dunha trintena de persoas de todas as idades.

Cerca dunha trintena de persoas asistiron á primeira xornada, celebrada en Moncelos

Vázquez explicou o funcionamento dos servizos de emerxencias e detallou como se debe actuar á hora de levar a cabo unha reanimación cardiopulmonar ou se existe unha obstrucción das vías aéreas por un corpo estraño, tanto en adultos coma en casos pediátricos. Ofreceu ademáis unha demostración de como se debe usar dun desfibrilador.

A maiores do segundo curso de Moncelos, o Concello, que financia e organiza estas actividades, ten previsto desenvolver a mesma xornada en Ababín, tamén despois do verán. Todos os asistentes recibirán diplomas acreditativos pola súa participación.

Curso de primeiros auxilios en Moncelos (Abadín). C.PÉREZ

Comentarios