O FIV esgota todos os abonos e anuncia os horarios dos concertos

Un dos artistas non se coñecerá ata o momento da súa actuación

Público asistente en la edición de 2016. AEP
photo_camera Público asistente na edición de 2016. AEP

VILALBA. O FIV, que se celebrará os días 27 e 28, anuncia os seus horarios, xa co programa completamente pechado. A poucas semanas do festival vilalbés xa se esgotaron todos os abonos e só quedan entradas do sábado á venda, dispoñibles na web de festival e en Ticketea.

O grupo local Postergel inaugurará os concertos o venres ás 21.00 horas. Shinova tomará a substitución ás 22.00, para deixar paso 50 minutos despois a  Carlos Sadness e a Xoel López (1.20 horas). David Kano Dj, a partir das 3.00, porá o broche final.

O sábado as actividades arrincarán ás 13.00 horas no auditorio, coa actuación da banda de música de Vilalba, seguida de Nunatak (14.00 horas).

No escenario Mahou a música arrincará as 21.00 horas con Escoitando Elefantes e continuará ás 21.50 con strong La Habitación Roja. Tras eles chegará o concerto sorpresa Mahou Cinco Estrellas cun artista que non se desvelará ata a actuación, ás 22.50. Novedades Carminha subirase ao escenario ás 23.25, Lori Meyers á 1.00 e Oscarmina Dj ás 3.00 horas.

O programa inclúe actividades paralelas aos concertos. Haberá unha conferencia sobre Bowie o venres (18.30 horas) e outra sobre a radio o sábado. Durante o fin de semana haberá unha exposición no auditorio e varias sesións de cine no centro cultural.

Comentarios