Reaberta a ponte de Uriz, en Begonte, tras realizar en tres días a reparación da focha

O custo da actuación roldou os 10.000 euros
Trabajos en el puente de Uriz, en Begonte. DIPUTACIÓN
photo_camera Traballos na ponte de Uriz, en Begonte. DEPUTACIÓN

A Deputación de Lugo reabriu a ponte de Uriz, en Begonte, tras concluír en tres días as obras de arranxo do firme. A actuación foi provocada polo afundimento de parte da vía á altura do punto quilométrico 1,1 da estrada LU-P-5101, no límite con Rábade.

O suceso produciuse o 13 de agosto, e, co obxectivo de garantir a "seguridade viaria", tívose que restrinxir o paso de vehículos de máis de 10 toneladas e limitouse a velocidade a 40 quilómetros por hora. Nese momento tamén se decidiu actuar na zona do xeito "máis inmediato posible".

Os traballos, iniciados o luns pola mañá e finalizados o mércores pola tarde, consistiron no "baleirado e rexeneración con formigón da parte afundida da calzada" e a posterior "reconstrución do firme con aglomerado". O custo total da actuación roldou os 10.000 euros.

Comentarios