lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

Tres feridos en Vilalba tras envorcar o vehículo no que viaxaban

El accidentado en Vilalba. EP
O vehículo accidentado en Vilalba. EP
O incidente ocorreu ao redor da media noite do sábado na estrada que une Mourence e Santaballa

Tres persoas resultaron este sábado feridas en Vilalba tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban, cando circulaba ao redor da medianoite pola estrada que une as parroquias de Mourence e Santaballa (LU-P-6517).

O incidente ocorreu no punto quilométrico 2,600 e, segundo o 112 Galicia, a quen lle chegou o primeiro aviso por parte de Urxencias Sanitarias do 061, onde recibiron a chamada dun particular alertando de que escoitara o ruído dun accidente. Pouco despois, outro particular púñase en contacto co 112 indicando que estaba a ver o accidente e que había persoas feridas pero non atrapadas.

Desde o 112 Galicia mobilizouse ao Subsector de Lugo da Garda Civil de Tráfico e pasouse aviso aos bombeiros de Vilalba, a Policía Local e o servizo municipal de urxencias.

Tres feridos en Vilalba tras envorcar o vehículo no que viaxaban
comentarios