Tres feridos ao saírse da vía e envorcar un vehículo en Muras

En principio o seu estado non revestía gravidade
Aparatoso accidente en Muras. BOMBEIROS DE VILALBA
photo_camera Aparatoso accidente en Muras. BOMBEIROS DE VILALBA

Unha aparatosa saída de vía saldouse este domingo cos tres ocupantes do vehículo feridos, en principio de carácter leve. Ocorreu na LU-P-6502, en Muras.

O vehículo envorcou e, posto que as persoas que se atopaban no seu interior non eran nun primeiro momento capaces de saír polos seus propios medios, deuse aviso aos bombeiros de Vilalba, aínda que finalmente non foi preciso excarcerar. Ata o lugar achegáronse tamén efectivos do 061 e de Tráfico.

Segundo indicouse ao centro de atención ás urxencias, o accidente tivo lugar na estrada de Miñotos, pasando Viveiró (Muras) cara a Ourol.