sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

Feridos leves unha nai e os seus dous fillos, naturais de Vilalba, tras unha saída de vía

Accidente de tráfico en Vilalba. EP
Accidente de tráfico en Vilalba. EP

Circulaban pola LU-120, a estrada en dirección a Meira

Unha nai e os seus dous fillos resultaron feridos leves este luns nunha saída de vía rexistrada en Vilalba. As vítimas son oriúndas da localidade chairega e circulaban no momento en que ocorreron os feitos pola estrada en dirección a Meira, a LU-120.

O accidente rexistrouse á altura da leiteira Lactalis, na parroquia de Sancovade.

No dispositivo de urxencia do accidente, ocorrido ás 14.10 horas, participaron o subsector da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Vilalba e o 061, que trasladou aos feridos ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Feridos leves unha nai e os seus dous fillos, naturais de Vilalba,...
Comentarios