Dúas persoas resultaron feridas leves nun accidente de tráfico ocorrido esta tarde na N-640 no termo municipal de Castro de Rei, cerca do cruzamento de Rozas.
O accidente ocorreu preto das 17.30 horas ao producirse unha colisión frontolateral entre dous vehículos.
Un particular alertou á central de urxencias do 112 Galicia, que trasladou ao lugar do accidente unha ambulancia do 061, unha patrulla do subsector da Garda Civil de Tráfico e a un equipo do servizo de mantemento de estradas.