Ferido un ciclista nun golpe cun vehículo nunha rotonda das Pontes

Foi trasladado ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol para descartar fracturas

Un ciclista resultou ferido este luns ao sufrir un golpe cun vehículo na rotonda do barrio da Casilla, na localidade das Pontes. O sinistro produciuse minutos antes das 17.30 horas da tarde, cando o ciclista estaba a bordear a rotonda, e un vehículo que se incorporaba á vía desde a estrada de Ortigueira rozouno e fixo que caese ao chan.

Ata o lugar desprazáronse a Policía Local das Pontes e axentes de Tráfico da Garda Civil, ademais dunha ambulancia, que trasladou o ferido ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, para descartar que puidese ter algún óso fracturado a consecuencia da caída.