Ferido un pontenovés nunha colisión entre un camión e un turismo en Pol

A vítima, que era o condutor do coche, foi trasladado en ambulancia ao Hula

Coche accidentado. EP
photo_camera Coche accidentado. EP

Un veciño da Pontenova resultou ferido nunha colisión entre un camión e un turismo ocorrida este venres, pouco antes das oito da tarde, na N-640, ao seu paso polo municipio de Pol.

O ferido, que era o condutor do coche, foi trasladado en ambulancia ao Hula. Ao lugar tamén acudiu o Subsector de Tráfico de Lugo e Protección Civil de Pol.