sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo

Ferido leve un condutor tras saírse da vía co seu turismo en Vilalba

Accidente en Vilalba
Lugar do accidente que tivo lugar este mércores en Vilalba. EP
O accidente tivo lugar ás 15:35 deste mércores na estrada LU-120. O condutor e único ocupante do vehículo foi derivado ao PAC da localidade.

Ás 15:35 horas deste mércores, no quilómetro 7,400 da estrada LU-120 (Vilalba-Paraxes), no termo municipal de Vilalba, os servizos de urxencias tiveron constancia de que se produciu un accidente de tráfico consistente na saída de vía por marxe esquerda dun turismo.

O sinistro saldouse cun ferido leve, o condutor e único ocupante do vehículo, que foi derivado inicialmente ao PAC da localidade.

Ferido leve un condutor tras saírse da vía co seu turismo en Vilalba
comentarios