Ferido grave o condutor dunha furgoneta tras unha saída de vía en Xermade

Trátase dun home de mediana idade veciño de Santaballa

Un home de mediana idade e veciño da parroquia vilalbesa de Santaballa resultou ferido moi grave este domingo nun accidente de tráfico. Ocorreu ás 21.30 horas na estrada LU-861, á altura do quilómetro 9, en Candamil (Xermade), cando a furgoneta que conducía en dirección Vilalba saíuse da calzada e impactou na tajea da marxe dereita da vía. O golpe foi tan forte que o condutor saíu despedido e o vehículo quedou orientado cara a As Pontes.

A vítima, única ocupante do vehículo, precisou de atención médica no lugar, xa que as feridas que presentaba revestían gravidade, a pesar de que se atopaba consciente. Os equipos sanitarios da Pac das Pontes lograron estabilizalo tras varios minutos e unha ambulancia medicalizada trasladouno logo a un centro hospitalario.

A central de urxencias 112 mobilizou, ademais da Urxencias Sanitarias 061, á Garda Civil de Tráfico e a, que se achegaron ata o lugar do accidente, así como membros de conservación de estradas que se encargaron de acondicionar a vía.