Ferido o condutor dun turismo que se saíu da vía na LU-120 en Vilalba

O accidente tivo lugar pasadas as 15.30 horas

Salida de vía en Vilalba. EP
photo_camera Saída de vía en Vilalba. EP

O condutor dun vehículo resultou ferido na tarde deste luns nun accidente de tráfico na LU-120 que une Vilalba e Paraxes. O sinistro tivo lugar no quilómetro 9,150 ás 15.35 horas, cando o coche no que circulaba a vítima, de 52 anos, saíuse da vía pola marxe esquerda. Non viaxaba ninguén máis no turismo. 

O ferido foi evacuado ao hospital de Ollos Grandes en ambulancia, en principio con lesións de carácter leve.

Comentarios