Ferido grave ao caerse dunha motocicleta nunha leira privada en Guitiriz

Una ambulancia. AEP
photo_camera Unha ambulancia. ARQUIVO

Un home de 44 anos resultou ferido grave, pero sen que se tema pola súa vida, ao sufrir unha caída dunha motocicleta nunha leira privada en Guitiriz.

Os feitos ocorreron ao redor das oito da tarde, no barrio de Os Teixidos (San Salvador). Os alertantes do suceso informaron a urxencias, desde onde se mobilizaron a Urxencias Médicas, que trasladou ao lugar unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, ao subsector de Tráfico de Lugo e á Garda Civil, ademais de informar a Protección Civil de Guitiriz. Chegouse a solicitar un helicóptero para derivar ao accidentado a un centro hospitalario, pero finalmente non foi necesario e descartouse o aviso.

O ferido foi trasladado posteriormente nunha ambulancia medicalizada, pero consciente, ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.