Feridas leves dúas persoas ao saírse da vía e envorcar un coche en Pol

Foron evacuados a Ollos Grandes

Accidente en Pol. EP
photo_camera Accidente en Pol. EP

A saída de vía dun turismo saldouse este mates con dúas persoas feridas leves. O accidente de tráfico tivo lugar ás 15.25 horas na estrada local que une Mosteiro - A Lagoa, no concello de Pol. 

Os ocupantes do vehículo, un home e unha muller, veciños d ela zona, foron evacuados a Ollos Grandes. En principio non presentaban lesións de gravidade.