Ferida unha persoa nunha colisión entre dous coches en Cospeito

A vítima, cuxas feridas non revestían gravidade, foi evacuada ao Hula
Los dos coches implicados en el accidente en Cospeito. EP
photo_camera Os dous coches implicados no accidente en Cospeito. EP

Unha persoa resultou ferida nunha colisión fronto-lateral rexistrada este sábado pola tarde, ao redor das 15:30 horas, no punto quilométrico 78,500 da estrada LU-P-1611, no cruzamento de Bestar, no termo municipal de  Cospeito.

Foi un particular o que alertou do accidente á central de urxencias do 112 Galicia, que mobilizou ata o punto a axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo e a unha ambulancia do 061, que trasladou á vítima, cuxas feridas non revestían gravidade, ao Hula.