Ferida unha muller en Vilalba ao ser atropelada na Avenida Terra Chá

Segundo os servizos de urxencia, o accidente non reviste gravidade

Unha muller resultou ferida este venres en Vilalba tras ser atropelada na Avenida Terra Chá. A muller, de iniciais M.O.G.F., foi trasladada ao hospital Virxe dos Ollos Grandes de Lugo, aínda que nun primeiro momento parecía que non revestía gravidade, segundo os servizos de urxencias.

Tras a alerta ao 112, mobilizouse unha ambulancia do 061, axentes da Policía Local, do grupo municipal de urxencias e os bombeiros. Outra muller resultou ferida leve o o venres tras saírse da vía o vehículo que conducía na LU-113, a estrada que une Rozas con Abadín, no lugar de Roás, en Cospeito.

Comentarios