Ferida unha muller ao chocar un camión cisterna e unha furgoneta en Guitiriz

O accidente tivo lugar á altura do punto quilométrico 530 da autovía A-6
Accidente en la A-6 en Guitiriz. EP
photo_camera Accidente en la A-6 en Guitiriz. EP

Un accidente de tráfico ocorrido na tarde deste venres deixou unha persoa ferida en Guitiriz, ao chocar un camión e unha furgoneta. O suceso tivo lugar ás 17.30 horas, á altura do punto quilométrico 530 da autovía A-6 que une Madrid e A Coruña, ao seu paso polo municipio chairego.

O sinistro consistiu nunha colisión por alcance entre unha furgoneta e un camión cisterna. A condutora e única ocupante da primeira resultou ferida.