viernes. 27.05.2022 |
El tiempo
viernes. 27.05.2022
El tiempo

A Feira de Parga informa que este domingo non haberá mercado de aves

Aves nunha feira de Parga. C.PÉREZ
Aves nunha feira de Parga. C.PÉREZ
A directiva da entidade explica que os servizos veterinarios da Xunta lles comunicaron a prohibición, como medida preventiva ante o brote de gripe aviar

A directiva da Feira de Parga informa de que na cita deste domingo, día 30, non se poderá levar a cabo o mercado de galiñas e demais aves, segundo lles transmitiron os servizos veterinarios da Xunta. A concentración deste tipo de animais está prohibida como medida preventiva fronte ao brote de gripe aviar.

Dende a entidade advirten tamén que o "estrito cumprimento" desta normativa, ademais de estar vixiado por persoal dos servizos veterinarios, tamen o estará polas forzas de seguridade competentes (Seprona, Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local), sendo susceptibles aquelas persoas que infrinxan a norma de seren sancionadas.

A Feira de Parga informa que este domingo non haberá mercado de aves