Fe Legaspi e Paula Francos gañan o concurso de fotos da Festa da Filloa

O certame contou coa participación de 35 imaxes que someteron a valoración popular para optar a premios de 90 e de 60 euros
Paula Francos y Fe Legaspi, cos seus premios, na Filloeira da praza de Muimenta
photo_camera Paula Francos y Fe Legaspi, cos seus premios, na Filloeira da praza de Muimenta. EP

A organización da XXX Festa da Filloa, celebrada de xeito virtual, pechou esta edición coa entrega de premios do concurso fotográfico  ao redor deste manxar e que contou coa participación de 35 imaxes que recibiron un total de 2.736 votos do público. Este foi o encargado de designar as dúas obras premiadas, das que son autoras dúas colaboradoras habituais da cita, Fe Legaspi Valiña e Paula Francos Anllo, que recibiron recompensas de 90 e de 60 euros en vales para gastar nos negocios de Muimenta.

Fe Legaspi Valiña, da Pastoriza, foi a autora da fotografía gañadora, unha composición inspirada no popular concurso televisivo MasterChef. "Usei unha plantilla coas letras da Festa da Filloa e empoei con azucre as filloas", explicou, salientado que se celebrase o certame para "manter vivo o espírito da Festa da Filloa".

FILLOA Legaspi Valiña Fe I

"É unha boa iniciativa, xa que non se puido celebrar presencialmente, porque se se deixa sería máis difícil de recuperala", di, ao punto que avanza a súa decisión de ceder o premio. "O vale que me tocou foi grazas ao apoio da xente nas redes sociais, así que creo que o máis xusto é facer unha doazón de cousas que se precisan para a festa", precisa Fe, que xa ten un listado de material necesario.

Pola súa banda, Paula Francos recoñece que, aínda que o "máis bonito" é poder xuntarse todos no recinto feiral Manuel Vila, "é boa idea" promover actividades "para seguir dándolle visibilidade á Festa a Filloa mentres non se poida volver facer".

Processed with VSCO with  preset

No tocante á foto que lle reportou o premio, defínea coma un traballo colectivo: "Fíxena un domingo na casa, cosa filloas da veciña, cas zocas do veciño e cos utensilios que uso para facer filloas, unha mestura do vello e do novo, porque algúns son comprados por min e outros herdados de miña avoa Soledad, que foi a que me ensinou a facer as filloas", precisa unha moza que, coma o resto da familia, leva "toda a vida" colaborando cun evento que é Festa de Interese Turístico de Galicia.

Comentarios