O extremo coruñés Sito únese ao Rácing Vilalbés cedido polo Deportivo

O club defíneo como "un extremo veloz  e con bo regate"

sito
photo_camera Sito, novo reforzo do Rácing Vilalbés. RC DEPORTIVO

O extremo coruñés Alejandro Pais Caamaño, 'Sito', é desde este domingo novo xogador do Rácing Vilalbés, anunciou nun comunicado o club chairego. Sito, nacido en Arteixo o 20 de decembro de 1999, chega a Vilalba como cedido polo RC Deportivo, o equipo no que se formou.

"Extremo veloz e con bo regate". Así define o comunicado do Vilalbés ao novo xogador rojiverde. "Formado nas categorías inferiores do Deportivo, sempre foi un referente nos seus diferentes equipos", engade na nota o Rácing Vilalbés, que aos poucos dá forma ao seu persoal para o curso 2019-2020, na que o cadro chairego participará na Terceira División galega por undécima campaña consecutiva.

Comentarios