Extinguido un incendio forestal nas Pontes que calcinou case catro hectáreas

O lume iniciouse ao redor das sete da tarde en Gondré, xunto ao lago pontés
Un hidroavión sobrevuela la zona del incendio. EP
photo_camera Un hidroavión sobrevuela la zona del incendio. EP

O incendio forestal que se declarou na parroquia de Santa María das Pontes, no lugar de Gondré, situado nas inmediacións do lago, quedou extinguido a última hora do luns. O lume, tal e como informaron desde a Consellería de Medio Rural, iniciouse ao redor das 19.00 horas e deuse por sufocado ás 23.50.

Segundo as primeiras estimacións, a superficie calcinada é de 3,91 hectáreas de monte raso e arboledo. Nas tarefas de extinción participaron cinco helicópteros, catro axentes, oito brigadas, sete motobombas, unha pa e un avión.

comentarios