lunes. 10.05.2021 |
El tiempo
lunes. 10.05.2021
El tiempo

Expoñen 20 novas esculturas en Parga para poñer en valor a feira e a pedra local

undefined
Unha das esculturas. EP
As pezas son algunhas das premiadas nos anteriores certámenes da Feira da Cantería e dos Callos 

Ao redor dunha vintena de novas esculturas do certame da Feira de Cantería e dos Callos de Parga están expostas no Campo da Feira e súmanse ás dez que xa estaban. O obxectivo da Asociación de Veciños do Campo da Feira é poñer en valor o entorno e visualizar "un símbolo e unha riqueza para Parga como é o granito", di o presidente do colectivo, Xesús Barreiro, que indica que das canteiras de Parga saíu pedra rumbo a construcións tan afamadas como o Centro Galego da Habana ou a Sagrada Familia de Barcelona.

"As esculturas que reciben os tres primeiros premios na Feira da Cantería repártense entre o Concello, a comunidade de montes e a nosa entidade, e nós decidimos expoñer todas as que tiñamos en depósito e gardadas nun alpendre para que toda a xente as poida desfrutar", di o presidente da Feira de Parga, que indica que as esculturas se colocaron cunha resina especial, despois de limpalas, para que non se poidan despegar.

"O obxectivo é que se vexan", di o presidente do colectivo, que recorda que este domingo, tras recuperar a feira o pasado día 28 despois de tódalas restricións, volverá a celebrarse.

Expoñen 20 novas esculturas en Parga para poñer en valor a feira e...
comentarios