Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Evacuado ao hospital tras sufrir un aparatoso accidente de tráfico en Cospeito

Zona na que se produciu o accidente. GOOGLE MAPS
Zona na que se produciu o accidente. GOOGLE MAPS

O ferido é o condutor dun coche que se saíu da vía e envorcou en Goá 

O condutor dun coche que se saíu da vía e envorcou este luns pola mañá no termo municipal de Cospeito resultou ferido o accidente e foi evacuado ao hospital por un equipo sanitario do 061.

Segundo informaron a Efe fontes do Centro Integrado de Atención a Urxencias de Galicia (CIAE), o accidente tivo lugar ás 09.20 horas, na estrada autonómica LU-113, á altura do lugar de Goá.

Por causas que aínda se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo, que se saíu da vía e acabou por envorcar.

O 112 mobilizou aos bombeiros de Vilalba, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención para excarcerar ao condutor do vehículo. 

Evacuado ao hospital tras sufrir un aparatoso accidente de tráfico...