Eugenia Requeijo será a alcaldable do PP en Muras

Asume o reto coa "motivación de construír un proxecto conxunto, de todos e para todos"

Eugenia Requeijo.EP
photo_camera Eugenia Requeijo.EP

Os afiliados do Partido Popular de Muras elixiron a Eugenia Requeijo como candidata para recuperar nas próximas eleccións municipais a alcaldía que na actualidade está en mans de Manuel Requeijo (BNG).

Durante unha reunión celebrada este sábado, os populares aprobaron a candidatura do técnico de informatica, que encabezará a lista en Muras nun compromiso que asume coa "motivación de construír un proxecto conxunto, de todos e para todos", co que lograr o apoio "maioritario dos veciños". En transcurso do acto, a presidenta provincial do PP, Elena Candia, agradeceu o traballo que desenvolve o grupo municipal no municipio, involucrado dunha "forma moi entregada e destacable ao servizo das peticións dos veciños".

Eugenia Requeijo apostará por traballar na defensa do rural fomentando a gandería e pondo en valor os produtos da zona, como o mel, os cogomelos e as castañas, aínda que tamén é "imprescindible manter en bo estado os camiños e pistas do municipio para facilitar as comunicacións aos agricultores e gandeiros que as empregan no seu día a día".

Comentarios